Calliblepharis

Calliblepharis
[PROTISTA]

Xénero de algas rodofíceas de cor vermella escura, consistencia cartilaxinosa, frecuentes proliferacións laterais da lámina e endurecementos en forma de espiña. No infralitoral da costa atlántica son comúns as especies: C. ciliata, con talo de ata 30 cm de lonxitude, proliferacións de menos de 5 mm de longo e lámina de máis de 2 cm de ancho e C. jubata, con talo de ata 20 cm de lonxitude, proliferacións marxinais de ata 3 cm de longo e menos de 1 cm de ancho, con algúns ápices en forma de gancho.