Calpurnia, Lei

Calpurnia, Lei

Lei aprobada no 149 a C a proposta do tribuno L. Calpurnio Pisón. Instituía con carácter permanente un tribunal composto obrigatoriamente por senadores para xulgar casos de extorsión e malversación de fondos nas provincias. Foi a primeira dunha serie de leis que regulaban os procesos de consunción e que logo perderon o seu carácter de protección contra a deficiente administración, para converterse nunha plataforma de loita política.

Palabras veciñas

Calpe | Calpe | Calpurnia | Calpurnia, Lei | Calpurnia, Lei | Calpurnio Sículo, Tito | calquera