calumnia

calumnia

(< lat calumnĭa)

  1. s f

    Imputación grave e falsa contra alguén feita de xeito intencionado para causar dano.

    Ex: As calumnias ditas contra ela provocaron a súa expulsión da empresa.

    Confrontacións: desprestixio, difamación, infamia.
  2. s f [DER]

    Delito consistente na atribución consciente dun feito falso a unha persoa, o que dá lugar a un procedemento de oficio nos casos de asasinato, falsificación de documentos, roubo, etc. Se se trata dun delito só perseguible de instancia á parte, daquela a atribución falsa constitúe só unha inxuria. Distínguese da acusación falsa porque esta ten que estar feita perante un funcionario administrativo.

  3. sacramento de calumnia [DER]

    Xuramento feito ao comezo dun proceso tanto polo demandante como polo demandado ou querelante, asegurando que consideraban a causa xusta e que non aducirían feitos nin probas falsas.

Palabras veciñas

caluga | calugada | calumet* | calumnia | calumniado -da | calumniador -ra | calumniar