Calviño

Calviño
  1. [ONOM]

    Diminutivo correspondente ao apelido Calvo. Documéntase no século XIV: “Roy Calvinno” (doc ano 1392 en Miguel Romaní Martínez Colección diplomática do mosteiro cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense) 1025-1310, III, 1989, p 424).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que leva como armas: en campo de ouro, unha banda de goles acompañada no alto dunha flor de lis, tamén de goles, e no baixo de tres veneras da mesma cor.