calzo

calzo

(

  1. s m

    Anaco de madeira, pedra ou calquera outro material, que se coloca nas rodas dun coche para impedir o seu desprazamento.

    Ex: Cómpre poñer o calzo ó coche nesa costa para que non marche só.

    Sinónimos: calce, forra.
  2. s m

    Cuña, xeralmente de madeira, que se pon entre dous corpos para asentalos ou evitar o rozamento.

    Ex: Púxolle un calzo á mesa porque abaneaba.

    Sinónimos: calce, calza, forra.
  3. s m [MAR]

    Soportes de madeira que reproducen a forma da quilla dunha embarcación ou bote, e que ten a misión de suxeitar a este sobre a cuberta dun buque de dimensións maiores.

    Sinónimos: calce.

Palabras veciñas

calzador | calzadura | calzar | calzo | calzón | Calzós, Os | calzudo -da