cambadela

cambadela

(< camba)

  1. s f

    Salto que se realiza xirando o corpo no aire sobre a cabeza.

    Ex: Deu unha cambadela e caeu fóra do colchón.

    Sinónimos: capitón, cuchocarneiro, pinchacarneiro, pirueta, viravolta. Confrontacións: pinchagato.
  2. s f

    Acción de cruzar a perna diante doutra persoa para facela caer.

    Ex: O árbitro sancionou con falta a cambadela sobre o centrocampista.

  3. s f

    Acción malintencionada coa que se pretende dificultar a realización dalgunha cousa ou os actos dunha persoa.

    Ex: Alcanzou as súas metas profesionais a pesar das cambadelas dos compañeiros.

Frases feitas

  • Botarlle/facerlle a cambadela a alguén. Facer que unha persoa teña dificultades para avanzar ou para conseguir o que quere.