cambón

cambón

(

  1. s m

    Peza do carro do país, en forma de uve e con gallos un pouco curvos, que se coloca no final do cabezallo, contra as chedas, para suxeitar, estreitar ou aumentar a capacidade da canga.

    Ex: Esqueceu o cambón na casa e non llo puido poñer á carga de herba seca.

    Sinónimos: acicarro, boeira, ranqueiro, rengueiro.
  2. s m

    Peza de madeira que une a grade ou a sachadora ao xugo, ou dúas xuntas ao mesmo carro.

    Ex: Rompeu o cambón e non se puido gradar a terra. Puxémoslle un cambón ao carro porque levaba moita carga e as vacas non podían movelo.

    Sinónimos: soles, soliño.
  3. s m
    1. Angazo grande con pugas de ferro ou madeira empregado para recoller algas e outros usos.

      Ex: Non trouxemos o cambón e tivemos que xuntar as algas coas mans.

    2. Ferramenta con catro pugas de ferro que saen dun traveseiro utilizada para estender esterco.

  4. s m

    Mango de madeira que poñía en movemento os muíños de man.

    Ex: Non puidemos moer porque rompera o cambón.

  5. s m

    Aparello utilizado para sacar auga dos pozos.

    Sinónimos: bimbastro.
  6. s m

    Temón do arado.

  7. s m

    Ferro cilíndrico que se mete no burato do remo dunha dorna e que vai cravado no seu fondo.