Cambridge, Escola Analítica de

Cambridge, Escola Analítica de

Grupo de filósofos británicos do s XX que constituíron parte do movemento coñecido como filosofía analítica. A súa obra caracterízase pola tendencia antimetafísica e antiidealista e pola análise lóxica da linguaxe, orientada á clasificación das cuestións máis ca á construción de sistemas. Entre os membros do grupo cómpre mencionar a Ludwig Wittgenstein, Bertrand Russell e George Edward Moore.

Palabras veciñas

Cambridge | Cambridge University | Cambridge, ducado de | Cambridge, Escola Analítica de | Cambridge, Escola Platónica de | Cambridgeshire | cambril