camedrio

camedrio

(< lat chamaedrӯs < grχαμαίδρυς ‘aciñeira anana’ < grχαμαί ‘en terra, polo chan’ + gr δρὑς ‘aciñeira’)

Nome científico: [Teucrium chamaedrys, Fam das lamiáceas]
s m [PLANTA]

Herba perenne, con rizoma estolonífero e talos pubescentes de ata 30 cm de altura, de follas ovadas, oblongas, festonadas, verdes, brillantes por enriba e pálidas por debaixo, e de flores púrpuras axilares. Propia de áreas abertas e calcarias da Europa meridional, cultívase como planta medicinal polo seu efecto febrífugo; tamén se emprega na extracción de esencias empregadas na elaboración de viños, licores dixestivos e vermús.

Confrontacións

teúdo