camelo -la
(< lat camēlu < grκάμηλος)
-
[ANIMAL]
-
s
m
Mamífero artiodáctilo, do xénero Camelus, pertencente á familia dos camélidos. Caracterízanse polo gran tamaño que acadan, uns 3 m de altura, o que significa que, despois dos elefantes e das xirafas, son os animais vivos meirandes da terra. No dorso presentan unha ou dúas xibas que constitúen reservas de graxa obtida en períodos de boa alimentación, e que empregan como fonte de enerxía en períodos de xaxún ou de traballo excesivo. As patas e o pescozo son longos e delgados, e separan o corpo do animal da alta temperatura diúrna que chega a ter o chan. Os camelos teñen un pelame abundante, as orellas pequenas, os ollos grandes e prominentes e o labio superior partido en dúas partes, que se poden mover independentemente; as ventas do nariz teñen forma de fenda e poden fecharse completamente, feito que resulta útil durante as tormentas de area. O estómago dos camelos ten numerosas expansións ou celas acuíferas, que constitúen unha reserva de auga metabólica. Son domésticos desde tempos remotos, e deles aprovéitase o leite e o pelo co que se fan tecidos suaves, cálidos e moi apreciados.
-
camelo árabe [Camellus dromedarius, Fam dos artiodáctilos]
Especie, tamén chamada dromedario, que presenta unha única xiba. Provén de poboacións salvaxes que habitaban antigamente o Oriente Próximo e o Oriente Medio. Atópase en Arabia, en Exipto e nalgunhas rexións africanas, e introduciuse en diversos países (sur da Península Ibérica, Islas Canarias, Italia, Madagascar, América do Sur e Australia).
-
camelo bactriano [Camellus bractrianus, Fam dos artiodáctilos]
Especie que ten dúas xibas e é máis robusta có camelo común. Vive en Asia Central.
-
s
m
-
s
m
[MAR]
Aparello usado para alzar os navíos co fin de diminuír o seu calado e, así, podelos facer pasar por lugares de pouca profundidade.
-
s
Pequeno traficante de drogas que comercia directamente cos clientes.
Ex: Detiveron o camelo na enseada de San Xián.