Camelot
Camelot
[IMAX]
Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1967. Foi dirixida por Joshua Logan e interpretada por Richard Harris, Vanessa Redgrave, Franco Nero e David Hemmings. Baseada nunha obra musical que se estreara en Broadway, conta a historia de amor entre Lancelot, cabaleiro da mesa redonda, e Xenebra, muller do Rei Artur. O filme conta coa participación de actores moi relacionados co eido teatral e provistos dun vestiario inspirado no art nouveau pitórico.