campánula

campánula

(< lat tardío campanŭla,por campanella ‘sino pequeno’)

s f [PLANTA]

Herba do xénero Campanula, de follas enteiras e dispostas de forma alterna, flores de cinco pétalos soldados formando un pequeno funil de cor azul ou púrpura, ovario ínfero e froito en cápsula. En Galicia están presentes as especies: C. arvatica, endemismo da Cordilleira Cantábrica que se atopa en puntos calcarios das serras orientais galegas, en fendas de rochedos; C. cantabrica, nas montañas orientais galegas; C. erinus, sobre rochas e valados; C. herminii, endemismo ibérico presente en prados húmidos de montañas do oriente galego; C. lusitanica, en ambientes sombrizos, e C. rapunculus, bienal e con raíces carnosas e comestibles.

Palabras veciñas

campanónimo | campante | campanudo -da | campánula | Campanula | campanuláceo -a | campanulal