Campesino, Teatro
Campesino, Teatro
[ESPECT]
Compañía de teatro chicano fundada por Luís Váldez nos EE UU en 1965, como grupo de apoio ás folgas dos traballadores agrícolas. Un dos seus primeiros espectáculos, Las dos caras del patroncito, estreado en 1965, amosaba a súa orientación comunitaria e reivindicativa, tradición que continuarían con novas propostas de traballos de investigación arredor da cultura precolombina como El baile de los gigantes, baseado no libro maia Popol Vuh.