cámping
cámping
(< ingl camping ‘campamento’)
-
s
m
Actividade turística que consiste en permanecer temporalmente ao aire libre en tendas de campaña ou caravanas. Pode practicarse en campo aberto ou en recintos especialmente preparados e dotados de servicios.
Ex: No verán foron de cámping ao bosque que hai na beira do río.
Sinónimos: campismo. -
s
m
Recinto que ofrece instalacións apropiadas para acampar, tales como servicios sanitarios, supermercado, restaurante, etc.
Ex: Avariouse o xerador do cámping e estivemos todo o día sen luz.
-
cámping gas
Aparato portátil, usado normalmente nas acampadas, formado por unha bombona pequena de gas á que se lle encaixa un queimador. Dependendo dos accesorios que se lle engadan, pode empregarse para cociñar ou para emitir luz.