campo
(< lat campu ‘terreo chan,campo de batalla’)
-
-
s
m
Extensión de terreo máis ou menos chá, en xeral non urbana, con vexetación. Na tradición oral recóllense os seguintes ditos: “Cando non o dan os campos, non o dan os santos. Como son de campo, boas cuncas de caldo me zampo”.
Ex: Onde situaron o hospital antes había campo. Pola fiestra do tren viamos o campo verde.
-
s
m
Terreo extenso, situado fóra dos núcleos de poboación, que ocupan os cultivos, os bosques, etc, por oposición a cidade.
Ex: Pasamos un día no campo na compaña duns parentes. Os labregos emigraron do campo á cidade.
-
Terreo inculto onde existe unha vexetación que nace de forma espontánea.
Ex: Montamos no campo unha tenda de campaña para pasar o verán.
-
s
m
Terreo destinado á agricultura e a gandería.
Ex: Encheron de patacas o campo máis grande que tiñan. O campo de millo ocupa catro ferrados de terra. As vacas rubias pacen no campo.
Sinónimos: agro, eido. -
campo aberto/libre/raso
Campo situado fóra do poboado, onde non hai valados nin bosque.
Ex: Despois de moitas voltas, fomos saír a campo aberto.
-
s
m
-
-
Conxunto de actividades relacionadas coa agricultura.
Ex: Os problemas do campo presentan unha solución difícil. Vivir do campo non lle deu moi bo resultado.
Sinónimos: agro. -
Conxunto de poboacións que se dedican á agricultura.
Ex: O campo púxose en folga ante a negativa do goberno para negociar o conflito.
-
-
s
m
Terreo delimitado e preparado para realizar reunións, actividades lúdicas, comerciais, ou para practicar certos deportes. OBS: Emprégase normalmente seguido dun complemento preposicional con de.
Ex: Está previsto que o concello constrúa varios campos de deporte: un campo de fútbol e dous de baloncesto. No campo da feira os campesiños vendían o gando e no campo da festa bailaban toda a noite.
-
[DEP]
-
s
m
Metade do terreo de xogo que en certos deportes como o fútbol corresponde defender a cada un dos dous equipos.
Ex: Os xogadores entraron no campo de xogo. O equipo contrario pechouse no seu campo para saír ó contragolpe.
-
medio campo
Zona central dos terreos de xogo deportivos comprendida entre as dúas bandas.
Ex: O partido disputouse no medio campo e non houbo ocasións de gol.
-
s
m
-
[BÉL]
-
s
m
Lugar onde se practica ou realiza algunha operación de guerra ou o combate, tanto na liza ou campo pechado, onde se facían as xustas e os torneos, como no campo aberto, onde tiña lugar o, encontro entre exércitos inimigos.
Ex: O campo onde tivo lugar a loita foi un lugar estratéxico escollido polo xeneral.
-
batalla a campo aberto
Batalla sen concesións celebrada fóra do cercado ou liza onde era normal celebrar as batallas e os torneos.
-
campo atrincheirado
Lugar ou praza forte defendida por un certo número de fortes unidos por elementos de trincheira e protexidos por un sistema de enreixados de arame.
-
campo cercado
Espacio delimitado onde teñen lugar os duelos e os torneos.
-
campo de batalla
Lugar onde se desenvolven operacións bélicas, onde os exércitos establecen un combate.
-
campo de manobras
Terreo onde as tropas practican exercicios de combate con fogo real en tempo de paz.
-
campo de instrucción/campo de Marte
Terreo onde as tropas executan exercicios de orde de combate.
-
campo de minas
Extensión de terreo onde se colocan minas, xeralmente cunhas certas normas de ordenación, para dificultar o acceso nunha dirección determinada.
-
campo de tiro
Espacio destinado á instrución práctica da tropa co uso das armas de fogo lixeiras ou terreo exposto a unha ou máis armas de fogo.
-
campo do honor
Lugar onde se celebra un duelo ou, máis especificamente, o duelo en si mesmo.
-
campo fortificado
Campo defendido por un sistema de bastións ou redutos.
-
morrer en campo de honor
Morrer loitando nunha contenda ou no campo de batalla.
-
saír ó campo
Ir a un desafío ou contenda.
-
s
m
-
-
s
m
Lugar onde se instala un exército.
Ex: Estableceron o seu campo moi preto do lugar onde se instalaran os seus inimigos.
Sinónimos: campamento. -
s
m
Exército dun bando determinado.
Ex: Mataron a cinco soldados do campo republicano.
-
s
m
-
s
m
Cada un dos partidos ou dos sectores de cada partido que defende unha ideoloxía política, relixiosa ou social determinada.
Ex: O campo dos conservadores non quería que se aprobase a lei.
-
s
m
Conxunto dos elementos relacionados ou que son propios dunha actividade na que ten competencia ou autoridade unha persoa.
Ex: O campo de acción dun político pode ser moi amplo. O campo da música paréceme que recibe un tratamento superficial na obra que estás lendo.
Sinónimos: eido, rea. -
s
m
[ARQUIT]
Superficie lisa entre dúas molduras.
-
s
m
[ECOL]
Territorio dun organismo.
-
s
m
[EPIG]
Zona ou recadro onde vai a inscrición.
-
s
m
[HERÁLD]
Superficie ou espazo interior dos escudos onde se colocan os brasóns; debe ter, alomenos, un dos esmaltes.
-
s
m
[INFORM]
Nun ficheiro, cada unha das áreas nas que se divide o rexistro dunha base de datos para aloxar os datos dunha mesma clase; equivale, xa que logo, á cantidade máis pequena de datos que constitúe unha unidade de información como os bites e que, desde un certo punto de vista, se pode considerar como unha soa entidade. Por exemplo, nunha lista de teléfonos un número pode ser almacenado nun campo de nove ou máis caracteres, e nunha aplicación de control de stocks, cada liña de albará pode constituír un campo.
-
s
m
[MAT]
Corpo que ten a propiedade conmutativa respecto á suma e ao produto.
-
s
m
[NUMIS]
Espacio libre na cara dunha moeda onde se colocan os tipos.
-
[FÍS]
-
s
m
Magnitude física medible que toma un valor concreto en cada punto dunha rexión do espacio, en cada instante de tempo. Exprésase matematicamente mediante unha función das coordenadas espaciais e, agás os campos estacionarios, do tempo. O campo é escalar, vectorial ou tensorial; se esta función que o caracteriza lle asigna a cada punto do dominio do campo un número, como acontece no caso do campo acústico, un vector, como nun campo de forzas, ou un tensor, como no caso dun tensor de deformación, respectivamente. O concepto de campo naceu do estudo de sistemas cun gran número de graos de liberdade, como os que aparecen na mecánica dos medios continuos. Neste contexto trátanse medios materiais que experimentan cambios palpables, como unha corda vibrante ou a superficie ondulante dun líquido. Outro tipo de campo xurdiu do estudo da gravitación e da electrostática. Considerábase que a acción a distancia entre partículas era susceptible de ser descrita mediante un intermediario, o campo; así, unha partícula orixinaba unha modificación do espazo que a envolvía, creaba un campo, e esta modificación sentíaa outra partícula da mesma natureza que experimentaba a acción de campo. O intento de descubrir o medio material que soportaba o campo electromagnético deu como resultado un medio hipotético, impalpable, o éter. Os experimentos que conduciron á relatividade espacial demostraron que a idea de éter era gratuíta, e motivaron que se entendesen os campos non como simples recursos físicos para describir a acción a distancia, senón como obxectos físicos cunha entidade dinámica propia. O marco teórico xeral consistía en partículas que creaban campos e que transmitían as interaccións entre aquelas. A dinámica dos campos, deducida da analoxía coa das partículas, conduciu á teoría clásica de campos. A raíz do abandono da dicotomía onda-partícula, propulsado pola mecánica cuántica, creouse a teoría cuántica de campos. A tendencia actual da teoría de campos intenta describir as interaccións fundamentais en termos dun único campo, como son o campo unificado ou o campo de grande unificación, que sintetice as características de todas elas; este campo é obxecto de estudo das teorías de grande unificación.
-
campo acústico
Rexión do espazo onde se propagan as vibracións sonoras.
-
campo central
Campo de forzas no que a forza experimentada por unha partícula, situada en calquera punto do seu dominio, é un vector dirixido a un punto fixo único chamado orixe ou centro de forzas.
-
campo coercitivo
Campo magnético que cómpre aplicar a un corpo ferromagnético para anular a imantación remanente.
-
campo cristalino
Campo electrostático do interior dun cristal, orixinado polas cargas localizadas, especialmente polos ións e polas moléculas.
-
s
m
-
[XEOG]
-
s
m
Área ou fragmento de superficie terrestre.
-
campo de barro
Forma de relevo, característica das áreas de modelado periglacial, constituída pola aglomeración de gránulos de barro, ás veces fixados polos liques. Estes campos desprázanse lentamente e destrúen a vexetación que atopan ao seu paso.
-
campo de escouras
Forma de relevo volcánica orixinada pola acumulación de escouras ou cinsas que, ao caer sobre uns relevos preexistentes, atenúan as formas.
-
campo de lava
Forma de relevo orixinada pola superposición de sucesivas coadas fluídas de lava.
-
s
m
-
[BIOL]
-
campo animal
Tipo de campo gradiente situado no polo animal ou superior dos ovos de regulación que presenta un predominio do metabolismo dos glícidos, a causa da precoz diferenciación morfolóxica e bioquímica das células no sentido da produción destes compostos químicos. O efecto que decrece do polo animal ao polo vexetativo ten como consecuencia a formación das estruturas ectodérmicas do embrión en estados máis avanzados do desenvolvemento.
-
campo gradiente
Territorio embrionario ou do organismo adulto no que unha determinada propiedade se manifesta segundo un gradiente a partir dun centro de expresión, máximo ou mínimo, de localización máis ou menos aproximada.
-
campo morfóxeno
Territorio embrionario sen diferenciación morfolóxica visible que corresponde a un órgano definido no organismo adulto. Por unha banda, a súa extirpación non permite nun ser adulto a formación deste órgano; pola outra, un enxerto dun campo propio dun órgano nun embrión intacto produce neste a formación dun órgano supernumerario.
-
campo vexetativo
Tipo de campo gradiente situado no polo inferior ou vexetativo dos ovos en regulación; presenta un predominio do metabolismo proteico, efecto que decrece do polo vexetativo ao polo animal. Do campo vexetativo derivan unhas capas celulares que máis tarde darán lugar ao endoderma, ao mesoderma mesenquimatoso e ás espículas calcarias.
-
campo animal
-
[FÍS]
-
anchura de campo
Dimensións do campo de definición dun instrumento óptico medidas na dirección perpendicular ao eixe óptico.
-
ángulo de campo
Nun instrumento fotográfico, ángulo determinado ao unir o punto principal imaxe do obxectivo cos extremos da diagonal da superficie sensible e co sistema enfocado ao infinito.
-
campo aparente
Campo angular que determina a imaxe desde o centro da pupila de saída que aparece nos instrumentos ópticos que traballan con obxecto e imaxe ao infinito.
-
campo claro
Técnica de iluminación utilizada en microscopia na que o obxectivo recolle non só a luz que atravesa a preparación senón tamén os raios que non a atravesan, de xeito que, por mor da súa opacidade, a preparación vese sempre máis escura có campo.
-
campo de definición/campo óptico
Rexión do espazo que comprende todos os obxectos visibles cun instrumento óptico determinado.
-
campo de iluminación media
Parte do campo de definición dun instrumento óptico que contén os puntos que determinan, coa pupila de entrada do sistema óptico, feixes de luz, dos que a metade non atravesan o sistema porque a obstrúe a luminaria de entrada.
-
campo de iluminación plena
Parte do campo de definición dun instrumento óptico que contén os puntos que determinan, coa pupila de entrada do sistema óptico, os feixes de luz que atravesan os lentes do sistema sen estar limitados. Nos instrumentos ópticos é moi conveniente que o campo de definición coincida co campo de plena iluminación; isto conséguese nos telescopios e microscopios colocando o diafragma nas imaxes reais intermedias e, nas cámaras fotográficas, no plano focal do obxectivo.
-
campo do obxectivo
Ángulo determinado pola máxima extensión da escena que o obxectivo ten diante e que é capaz de reproducir nitidamente sobre o plano focal.
-
campo escuro
Técnica de iluminación empregada en microscopia que presenta a mostra sobre un fondo escuro ou negro.
-
campo límite/campo total
Campo de definición máis alá do que é imposible ver nada. Os puntos exteriores ao campo límite están situados fóra de campo.
-
campo real
Campo angular que determina o obxecto desde o centro da pupila de entrada. É característico dos instrumentos ópticos que traballan con obxecto e imaxe no infinito.
-
campo visual
Extensión do espazo que se pode ver sen efectuar movementos do ollo nin do corpo. Nas zonas centrais do campo a visión é máis perfecta ca nas periféricas. A conservación do campo visual normal depende da integridade da función da retina, do nervio óptico, do quiasma e das vías e dos centros ópticos. A exploración do campo visual, que pode ser monocular ou binocular, lévase a cabo mediante a perimetría ou a campimetría.
-
anchura de campo
-
[HIST]
-
campo de concentración
Campo de internamento establecido á marxe dos procedementos ordinarios de detención, previstos polas lexislacións civís e militares, onde son confinadas persoas por motivos de seguridade militar ou política, ou como forma de castigo ou explotación. O termo apareceu por primeira vez en Cuba, onde o capitán xeneral Valeriano Weyler creou, en 1896, concentracións civís para combater as guerrillas antiespañolas. No s XX foron habituais na maior parte das guerras; os británicos utilizáronos para internar as familias dos bóers sublevados e na antiga Unión Soviética creáronse para os opositores ao réxime stalinista. Ao rematar a Guerra Civil española, moitos exiliados foron confinados en campos de concentración franceses como os de Argelers, Collioure, Haràs e Prats-de-Mollo, e no interior da Península creáronse centros que concentraban os presos políticos, como os de Betanzos en Galicia, Magdalena en Santander, Torrero en Zaragoza e San Marcos en León. Especial relevancia tiveron os campos da Alemaña nazi, creados baixo a dirección do xefe supremo das SS Heinrich Himmler como instrumento de terror do estado nacionalsocialista e que chegaron a ser campos de exterminio. Algúns exemplos son os de Auschwitz, Maidaneck (Lublin), Chelmno, Belcec, Sobibor, Mauthausen ou Treblinka, onde o exterminio se levaba a cabo en grandes cámaras de gas, e a destrución dos corpos en fornos crematorios. Confináronse neles os inimigos reais ou supostos do réxime nazi -especialmente comunistas e socialdemócratas-, as consideradas “razas inferiores”, -xitanos e, sobre todo, xudeus-, das que exterminaron entre catro e seis millóns, os homosexuais e os chamados “asociais”, isto é, os marxinados e excluídos da sociedade. O seu traballo forzado, en condicións infrahumanas, constituíu unha parte importante da man de obra da industria do armamento. Con posterioridade seguiron existindo campos de concentración para prisioneiros de guerra, teoricamente regulados pola Convención de Xenebra.
-
campo de traballo
Campo de concentración no que se obriga a traballar aos recluídos. A lexislación española defende o dereito ao traballo para todos os cidadáns, entre eles os presos, pero prohibe a imposición do traballo forzoso.
-
campo de concentración
-
[LING]
-
campo acentual
Conxunto de posicións estruturais que hai dentro de cada palabra capaces de recibir o acento nunha lingua determinada. Hai linguas que teñen un campo acentual fixo, como é o húngaro, no que o acento aparece sempre na primeira sílaba, ou o francés, que aparece na última; noutras, está suxeito a leis específicas, como é o caso do grego ou do latín, posto que o seu acento depende da cantidade das vocais que ocupan as últimas posicións estruturais; e noutras, como o galego e o portugués, é libre, dado que a posición do acento non está suxeita a ningunha lei de orde fonolóxica.
-
campo de entoación
Conxunto limitado de frecuencias dentro das que se realiza oralmente unha lingua, coa condición de que a localización absoluta nunha escala frecuencial constante depende das características vocais do falante e das linguas. Así, a sucesión de tons en italiano, por exemplo, flutúa entre límites moi amplos, máis de dúas oitavas, cousa que non acontece, por exemplo, en galego, catalán e castelán, nos que a entoación media é algo superior a unha oitava.
-
campo semántico
Conxunto de palabras, en xeral non emparentadas etimoloxicamente, que recobre un dominio ben delimitado de significacións, constituído, tradicional ou cientificamente, pola experiencia humana. Así, fálase do campo semántico constituído polas palabras que designan a cor, as relacións de parentesco, os cereais, etc. É un concepto establecido por Jost Trier (1931) que provén da idea de Wilhelm von Humboldt de que a fala, en realidade, non está composta pola unión de palabras preexistentes, senón que as palabras resultan da totalidade da fala; e da de Ferdinand de Saussure, máis explícita, que defende que a parte conceptual do valor dun termo está constituída unicamente polas relacións e as diferencias cos outros termos da lingua.
-
campo acentual
-
[LIT]
-
campo estilístico
Termo proposto por Pierre Guiraud para englobar as palabras pertencentes a unha obra ou tradición literaria unidas por unha relación contextual que apunta a certos temas-clave (“lume”, “paixón”, “goce” corresponden ao campo semántico do “amor”).
-
campo literario
Noción proposta por Pierre Bourdieu para referirse ao espazo social formado polos distintos axentes que interveñen na práctica literaria. A súa estrutura vén dada polo grao de dependencia con respecto ao chamado campo do poder, que engloba os posibles lectores ou consumidores da produción xerada polo campo literario. Se o campo literario está estreitamente ligado ao do poder, primará o beneficio económico e daráselles maior relevancia aos autores que respondan ao gusto do gran público. Así, dependendo da maior ou menor importancia que se lles conceda aos valores económicos ou culturais, produciranse obras, ben de elevado valor comercial pero de escasa importancia como símbolos artísticos, ben pouco rendibles social e economicamente, aínda que en disposición de acadar prestixio artístico. Deste xeito, a análise das obras literarias debe estar vinculada ao estudo das posicións que ocupan no campo os distintos elementos que toman parte no feito literario: autores, lectores, editores, etc.
-
campo estilístico
-
[PSIC]
-
campo da consciencia
Contido da consciencia dun individuo nun momento determinado, por oposición ao inconsciente ou subconsciente.
-
campo perceptivo
Parte do espazo do que, nun momento determinado, se poden recibir impresións e adquirir coñecemento mediante os sentidos.
-
campo psicolóxico
Conxunto dos feitos físicos, biolóxicos, sociais e psicolóxicos que existen nun momento dado para un individuo ou para un grupo e que determina o seu comportamento. Este concepto introduciuno o psicólogo Kurt Lewin (1935), dentro do marco da psicoloxía da Gestalt ou da forma.
-
teoría do campo
Teoría da personalidade desenvolvida polo psicólogo Kurt Lewin, baseada nos conceptos da escola da Gestalt, que fai referencia á estruturación da percepción. O campo perceptivo compárase cun campo magnético de forzas que espontaneamente adopta unha determinada estrutura polo feito da interacción dos elementos magnéticos. Polo tanto, o espazo vital é un campo no que se interrelacionan a persoa e o seu ambiente psicolóxico. O individuo sente necesidades, por exemplo tensión ou desequilibrio entre el e o seu ambiente, e móvese motivado por certas forzas dirixentes ou vectores para achegarse cara a unhas rexións, que adquiren valencia positiva, ou para afastarse, valencia negativa, o que determina a conduta e o pensamento. A primeira das leis formuladas a partir desta teoría di que un conxunto é máis ca a suma das partes que o forman. A partir da teoría do campo, G. Murphy define a conduta como bisocial.
-
campo da consciencia
-
[XEOG]
-
paisaxe de campos abertos
Paisaxe agraria, coñecida tamén co nome de openfield, propia do L de Francia, Bélxica, a Alemaña renana e central, Austria, a República Checa, Eslovaquia e Polonia, e ata o s XVIII predominante en Gran Bretaña e Escandinavia. Caracterízase pola ausencia de valados, pola forma ordenada e xeométrica das parcelas e polo hábitat concentrado.
-
paisaxe de campos pechados
Paisaxe agraria caracterizada polo cercado das parcelas mediante unha fileira de árbores ou matogueiras ou por unha parede de pedra ou terra, que constitúe unha rede complicada e irregular de campos comunicados entre si por un camiño, e de hábitat disperso.
-
paisaxe de campos abertos
-
campo complexo
[MAT]
Corpo dos números complexos.
-
campo conservativo/campo irrotacional/campo potencial
[MAT]
Campo vectorial A para o que o valor da integral de liña entre dous puntos calquera do seu dominio de definición é independente da curva concreta que se escollera para unir estes puntos. O campo deriva, xa que logo, dun potencial escalar, A = gradU, e ten un rotacional nulo en calquera punto, rot A = rot(gradU) = 0.
-
campo cultural
[FILOS]
Conxunto de condicionantes filosóficos, sociais e principios estéticos que caracterizan o pensamento dominante nunha época concreta.
-
campo de audibilidade
[FISIOL]
Intervalo de frecuencias sonoras, ás que é sensible o oído, acoutado polo límite de audición e polo límite de dor.
-
campo de aviación
[AERON]
Zona de terreo provista de edificios e doutras instalacións empregada para o despegue e a aterraxe de aeronaves.
-
campo de galois
[MAT]
corpo finito.
-
campo de petróleo
[IND]
Zona petrolífera que contén un ou diversos xacementos e as instalacións que permiten a perforación dos pozos, a extracción de hidrocarburos e a almacenaxe ou distribución do produto.
-
campo de traballo
[EDUC]
Lugar onde se lles dá traballo durante as vacacións a estudiantes, obreiros novos, mestres, etc; en xeral é de carácter internacional e con fins altruístras, de aprendizaxe, por ocio, etc.
-
campo de urnas
[ARQUEOL]
Tipo de necrópole do Ferro inicial (ss XII-VII a C) europeo caracterizado polo ritual da incineración que consistía en depositar as cinsas do morto en xerras ou urnas, a miúdo rodeadas de ofrendas, que se enterraban en tumbas planas. Estas tumbas, realizadas en foso, dispúñanse sempre en conxuntos nos que os fosos estaban moi próximos entre eles. A súa orixe é centroeuropea (Danubio medio), estendéndose logo cara a Polonia, Alemaña (Urnenfelderkultur), onde influíron nos inicios da cultura do Hallstatt; Francia (Mailhac) e Italia (Protovillanoviano) e posteriormente á Península Ibérica (campos de urnas do nordeste), onde non traspasaron o val do Ebro. Esta expansión relacionouse coas migracións de poboacións indoeuropeas durante o Ferro; sen embargo, os últimos estudios explican a difusión deste ritual funerario sen necesidade de acudir a grandes movementos de poboación.
-
campo dos ligantes
[QUÍM]
Campo eléctrico creado polos ligantes dun complexo ao redor do ión dun metal de transición central, segundo as teorías desenvolvidas por vez primeira en 1930 por H. Albrecht Bethe e van Vleck. Este campo afecta aos seus cinco orbitais d que, nun átomo ou ión libre, están situados todos nun mesmo nivel de enerxía, e separados en niveis de enerxía diferente, dependendo do modo e da magnitude da separación da natureza dos ligantes e da súa configuración absoluta ao redor do ión metálico. As características deste campo son a base dunha teoría que explica a natureza do enlace nos complexos e as propiedades físicas e químicas que se derivan del. Así, a distribución dos electróns do ión metálico nos dous subniveis d está afectada polo valor da diferenza de enerxía que existe entre eles, chamada D; en efecto, unha vez que hai un electrón en cada un dos orbitais de menor enerxía, os electróns seguintes teñen dúas posibilidades: a de entrar tamén nun destes con spin invertido, ou a de manter o mesmo spin e situarse nun dos orbitais de maior enerxía. A adopción dunha posibilidade ou doutra dependerá do feito de que a enerxía necesaria para invertir o spin e vencer a repulsión interelectrónica supere ou non a precisa para subir ao nivel superior (D). Así, hai complexos que poden presentar un número diferente de electróns desaparellados dependendo de cál sexa a intensidade do campo dos ligantes; este número determina directamente a magnitude do momento magnético da molécula. A hibridación dos orbitais s e p da capa de valencia cos d baleiros do ión metálico, e a súa combinación cos dos ligantes, fornece o lugar onde se aloxan os electróns que constitúen os enlaces covalentes do complexo e determina a súa configuración e propiedades estereoquímicas.
-
campo escalar
[MAT]
Función que asigna un escalar a cada punto dun conxunto.
-
campo operatorio
[MED]
Rexión onde se practica unha intervención cirúrxica.
-
campo pseudoescalar
[MAT]
Función que asigna un pseudoescalar a cada punto dun conxunto.
-
campo pseudotensorial
[MAT]
Función que asigna un pseudotensor a cada punto dun conxunto.
-
campo pseudovectorial
[MAT]
Función que asigna un pseudovector a cada punto dun conxunto.
-
campo solenoidal/campo rotacional/campo laplaciano
[MAT]
Campo vectorial de diverxencia nula, div A = 0. Deriva dun potencial vector, A = rot B .
-
campo tensorial
[MAT]
Función que asigna un tensor a cada punto dun conxunto.
-
campo uniforme
[MAT]
Campo escalar, vectorial ou tensorial, que toma o mesmo valor en todos os puntos.
-
campo vectorial
[MAT]
Función que asigna un vector a cada punto dun conxunto.
-
campos elíseos
[MIT]
Nome dado antigamente ao lugar onde se supuña que ían as almas boas despois da morte.
Frases feitas
-
A campo. Aplícase á terra que non foi arada.
-
Deixar o campo libre 1 Retirarse do combate.
-
Quedar dono do campo/quedar o campo por un. Vencer nunha disputa ou en algo que se quere levar a cabo.
-
2 Abandonar unha empresa co conseguinte beneficio do competidor.
-
A campo descuberto. Durmir ou vivir á intemperie no campo sen abeiro ningún para poder agocharse ou protexerse das inclemencias do tempo.
-
Botarse ao campo. Defender unha idea.
-
Deixar/estar a campo. Sen cultivar.
-
Facer campo. Despexar de xente ou de cousas algún lugar.
-
Ir ao campo/ir ao campo de tiro. Defecar.
-
Poñer portas ao campo. Intentar ocultar ou gardar algo en balde.