Campo de Calatrava
Campo de Calatrava
Comarca de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situada entre os montes de Toledo ao N, e Sierra Morena ao S, no val do río Jabalón. Ocupa parte dos territorios que pertenceron á orde de Calatrava. No relevo destacan os afloramentos de lousas e cuarcitas como resultado da erosión, así como os depósitos de lavas e tobas. O clima é árido cunha precipitación inferior aos 500 mm anuais. As principais actividades económicas son a produción agrícola de oliveiras, centeo e avea, a produción mineira de lousa e hulla, e a elaboración de encaixes.