Campoformio, Tratado de
Campoformio, Tratado de
Acordo asinado o 17 de outubro de 1797 entre Francia e Austria na localidade de Campoformio, no Friul, que puxo fin á campaña de Napoleón Bonaparte en Italia. Austria cedeu a Francia os seguintes territorios: Bélxica, un sector das terras alemanas á esquerda do Rin; e ademais permitiu a creación da República Cisalpina (Milanesado). Francia, a cambio, cedía a Austria a marxe esquerda do Àdige, xunto con Venecia, Istria e Dalmacia.