Canalejas, condado de

Canalejas, condado de

Título concedido por Carlos II o 12 de outubro de 1675 a Gabriel Menéndez de Avilés y Porres, adiantado de Florida, cabaleiro e comendador da orde de Alcántara, do Consello e Cámara do Rei e do Consello Real de Indias, e posuidor do morgado da casa de Avilés. A décima condesa de Canalejas casou en 1816 con Juan Antonio de Armada e Ibáñez de Mondragón, sexto marqués de Santa Cruz de Ribadulla, pasando así o título a Galicia.