candea
(
-
s
f
-
Lámpada composta por un recipiente con aceite ou graxa que arde por medio dunha torcida colocada no seu interior.
Ex: Para ir ó muíño alumabámonos cunha candea ou cun facho.
-
Cilindro de cera ou parafina, ás veces tinxida de cores, cunha mecha de algodón lixeiramente torcida no seu interior, que forma unha chama luminosa ao ser acendida.
Ex: Onte gozamos dunha cea romántica á luz das candeas.
Confrontacións: cirio.
-
-
s
f
-
Inflorescencia das plantas anemófilas, como a do carballo, a do castiñeiro ou a do millo, que presenta pequenas flores agrupadas e pendurantes. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando vires a candea no castiñeiro, leva a ovella ao carneiro”.
Ex: Por abril o millo empeza a botar a candea.
Sinónimos: candeón. -
Partícula colgante de xeo formada por unha pingueira.
Ex: A xeada da noite deixou candeas nos beirís dos tellados.
Sinónimos: carambelo, carambo, caramelo.
-