candeeiro

candeeiro

(< candea)

  1. s m

    Utensilio formado por unha barra vertical, máis ou menos longa, apoiada nun pé, cun oco no seu extremo superior onde se fixa e se coloca a candea.

    Ex: A cea medieval foi servida á luz dos candeeiros.

    Confrontacións: araña, candelabro.
  2. s m pl
    1. Extremidades posteriores dos cabalos ou burros.

      Ex: O cabalo deulle cos candeeiros e tirouno ó chan.

    2. Pernas especialmente longas e delgadas.

      Ex: Quita eses candeeiros de enriba da cadeira que a emporcallas toda!

      Sinónimos: zanca.

Frases feitas

  • Erguer/levantar os candeeiros. Aplícase á persoa que non fai nada e que anda sempre dun lugar para outro.

Palabras veciñas

Candeda | Candeda | Candedo, O | candeeiro | Candeira y Pérez, Constantino | candela | Candela