canguro
(< ingl kangaroo)
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero marsupial pertencente á familia dos macropódidos, de tronco longo, coas patas anteriores curtas e as posteriores longas e fortes, adaptadas ao salto, que serven de soporte, xunto coa longa e masculada cola. Existen máis de 50 especies, propias de Australia, Tasmania e Nova Guinea que ocupan, dependendo da especie, a estepa, medios rochosos, ambientes boscosos ou mesmo as árbores, como a especie Dengrogalus lumholtzi. Trala fecundación, existe un curto período de xestación intrauterina, de ata 40 días, ata que nace xeralmente un único embrión duns 25 mm de lonxitude e de peso inferior a un gramo. Esta cría ten que desprazarse dende a vaxina ata a entrada do marsupio, operación que dura ata 5 minutos, e na que a femia permanece sentada sobre a cola. A femia, que limpa coidadosamente a bolsa marsupial, pode guiar a cría creando un vieiro de saliva. Unha vez no marsupio aférrase á mamila. A presenza do lactante provoca unha diapausa embrionaria na que se detén o desenvolvemento dun novo embrión no útero do que quedou preñada a femia días antes. Logo de abandonar a bolsa o lactante, aproximadamente despois de 6 meses, continúa o desenvolvemento do embrión para nacer un mes despois. A cría nova volve aínda de cando en vez para alimentarse, durante outro medio ano; a femia, as máis das veces, pode ter tres descendentes en distintas fases. Os do xénero Macropus, de ata 1,5 m de altura e máis de 1 m de cola, poden pesar máis de 90 kg e desprázanse mediante saltos de ata 13 m de lonxitude e 3 m de altura grazas ás patas posteriores musculosas, empregando a cola como órgano de equilibrio. Son herbívoros que viven nos prados, estepas e sabanas australianas e que durante as horas centrais do día repousan, mentres no solpor se desprazan para alimentarse. Os machos establecen loitas polas femias nas que se golpean coas patas inferiores e se apoian momentaneamente na cola.
-
s
Persoa que coida nenos por horas.
Ex: Contrataron un canguro para poder ir ó cine pola noite.
-
s
m
Peza de roupa impermeable.
Ex: Antes de chover os nenos colleron os canguros porque chovía.