cannáceo -a
cannáceo -a
(< lat canna ‘cana’ + -áceo)
-
adx
Relativo ou pertencente ás cannáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das cannáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia da orde das zinxiberais, constituída por un único xénero, Canna, cunhas 50 especies de plantas herbáceas á que pertence a cana da India.