canopo -pa
canopo -pa
(< topónimo Canopo)
-
adx
Relativo ou pertencente á cidade de Canopo e aos seus habitantes.
-
s
Habitante da cidade de Canopo.
-
vaso canopo
[ARTE]
aso funerario exipcio que contén as vísceras embalsamadas dun defunto. A tapa podía ter forma zoomórfica ou antropomórfica. O uso destes vasos é común a todo Exipto desde o 2000 a C. A partir do s XVI a C substitúese na tapa a cabeza coa figura do morto polas dos catro fillos de Horus. Imset, con cabeza humana, contiña o estómago e o intestino groso; Qebašenuef, o falcón, a vesícula viliar e o fígado; Hapi, o babuíno, o intestino delgado; e Duamutef, o chacal, o corazón e os pulmóns.