cantor -ra

cantor -ra

(< 1 canto)

  1. adx e s

    Persoa que canta ou que ten por oficio cantar.

    Ex: Os nenos cantores de Praga. O cantor tiña un repertorio moi variado no seu concerto.

    Sinónimos: cantante.
  2. adx

    Aplícase ás aves que emiten sons melodiosos e agradables.

    Ex: O reiseñor e o xílgaro son aves cantoras.

  3. s

    Intérprete solista nos inicios dos cultos litúrxicos xudeu e cristián, que na Igrexa Católica cantaba os temas solistas do culto e dirixía o coro nas catedrais medievais.