caolinización

caolinización

(< caolinizar < caolín)

  1. s f [XEOL]

    Conxunto dos procesos posvolcánicos, pneumatolíticos e hidrotermais que transforman en caolinita as rochas que conteñen feldespatos, nefelina, topacio, berilo, auxita e outros minerais con alumina.

  2. s f [XEOL]

    Tipo de meteorización dos feldespatos que se produce na superficie das rochas e, sobre todo, nos solos, provocada pola auga con ácidos húmicos e dióxido de carbono. É unha alteración das rochas con sílice e alumina especialmente activa en climas chuviosos, que as vai transformando en caolinita.

Palabras veciñas

caolín | caolínico -ca | caolinita | caolinización | caos | caótico -ca | CAP