Capodimonte
Capodimonte
Outeiro preto de Nápoles, famoso polo seu palacio, antiga residencia real, comezado en 1738 segundo os planos de G. A. Medrano. En 1739 Carlos III das Dúas Sicilias estableceu unha importante manufactura de porcelana no edificio da garda maggiore. En 1756 trasladouse ao Buen Retiro de Madrid. Reconstruída en 1771 por Fernando IV das Dúas Sicilias, foi destruída en 1806 polas tropas francesas. Desde 1957 o palacio é sede do Museo e da Gallerie Nazionali di Capodimonte.