caporo -ra

caporo -ra

(< lat Capori, -ōrum ‘os caporos’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo dos caporos.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo prerromano dos caporos.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo indíxena (populus) da Gallaecia, situado no convento xurídico lucense, que algúns historiadores latinos situaron entre os supertamaricos e os presamarcos. Outros, entre eles Ptolomeo, localizáronos entre os ártabros e os cilenos, incluíndo no seu territorio as cidades de Lucus Augusti (Lugo) e Iria Flavia. Na actualidade, considérase que o pobo debeu estenderse polo val do Sar, desde Iria Flavia ata Santiago de Compostela.

Palabras veciñas

caporal | Caporali, Cesare | Caporetto, Batalla de | caporo -ra | capota | capotar | capotaxe