Capricornio
Capricornio
-
[ASTRON]
Constelación zodiacal situada entre Saxitario e Acuario. As súas estrelas máis brillantes son de terceira magnitude.
-
Décimo signo do zodíaco no que o Sol entra no solsticio de inverno, que en tempos de Hiparco coincidía coa constelación do mesmo nome, pero que agora, a consecuencia da precesión dos equinocios, está ocupada pola constelación de Saxitario. A este signo pertencen os nacidos entre o 22 de decembro e o 20 de xaneiro.