caproído -da
(< xénero Capros, xénero de herbáceas)
-
adx
Relativo ou pertencente aos caproídos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos caproídos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes da orde dos zeiformes, caracterizados por presentar un corpo de forma discoidal, alto e comprimido dorsoventralmente, con algunhas especies case romboidais; a cabeza, non moi grande, presenta unha crista occipital; os ollos son relativamente grandes e a boca pequena e protráctil, formando un tubo curto no xénero Capros. Nas augas atlánticas europeas e galegas aparecen dúas especies, correspondentes a dous xéneros diferentes (os únicos descritos para esta familia): Capros aper e Antigonia capros, esta última moi rara; ambas as dúas miden ata 15 cm e son de cor vermella ou rosada. Son peixes gregarios que viven formando bancos en augas relativamente profundas, dende os 40 ata máis de 600 m; os adultos ocupan as augas profundas, mentres que as crías viven en augas medias, onde se alimentan principalmente de crustáceos. Adoitan pescarse con redes, pero o seu consumo é moi reducido.