capuchino -na

capuchino -na

(< ital cappuccino)

  1. [RELIX]
    1. adx

      Relativo ou pertencente aos capuchinos ou á súa orde.

    2. s

      Membro dunha das diversas ordes inspiradas na regra dos franciscanos, que foi reformada por Matteo di Bassi ou da Bascio (1495-1552), freire menor observante.

    3. s f

      Orde inspirada na regra dos franciscanos que propugnaba o retorno ao primitivo espírito franciscano de pobreza integral e liberdade de prédica. Foi aprobada por Clemente VII en 1528, aínda que estivo baixo a xurisdición dos freires menores observantes ata 1619. A orde recibe o nome oficial de Ordo Fratum Minorum S. Francisci Cappucinorum e ten 16.000 relixiosos, repartidos en 60 provincias. O seu nome provén da indumentaria que adoptaron, un saial de cor parda, semellante ao dos franciscanos, aínda que rematado nunha capucha máis bicuda ca a deles.

  2. s m [ANIMAL]

    Mamífero primate das dimensións dun gato, co pelame de cor castaña e cos bordos da cara e do pescozo brancos. Viven en grupos nos bosques de América do Sur, desde Nicaragua ata o norte de Arxentina.

  3. s m [XOGO]

    Xogada de billar na que a bóla, ao tocar a dúas bandas en puntos moi próximos ao seu lugar de encontro, pasa polo centro da mesa.

  4. adx e s m [ALIM]

    café.

Palabras veciñas

Capuç ou Capuz | capucha | capuchina | capuchino -na | capucho | capuchón | capudre