Capulus
Capulus
[ANIMAL]
Xénero de moluscos gasterópodos prosobranquios da familia dos capúlidos, que se caracterizan por ter a cuncha con forma de bonete coa punta virada cara a atrás. Distribuídos por todos os mares, viven en augas profundas, arredor dos 100 m, fixados á cuncha doutros moluscos.