caracterizar

caracterizar

(

  1. v t

    Dar carácter, pór en evidencia ou constituír o trazo característico dunha persoa ou dunha cousa.

    Ex: O que caracteriza a unha nai é o amor ós seus fillos.

    Sinónimos: distinguir.
  2. v t

    Expoñer ou describir os trazos característicos de algo ou de alguén para individualizalo.

    Ex: Os membros do xurado caracterizaron o acusado como un perfecto psicópata.

  3. v t

    Interpretar un actor un papel de xeito que se recoñeza o personaxe representado.

    Ex: A actriz caracterizou de forma inmellorable a personaxe de muller despiadada.

  4. v t

    Pintar ou vestir a un actor para que presente as características do personaxe que ten que representar.

    Ex: Os maquilladores e modistas caracterizaron o actor con todas as particularidades que presentaba o personaxe de garda civil.

  5. v pron

    Posuír uns trazos característicos determinados.

    Ex: Padece unha doenza que se caracteriza pola dor de cabeza e os mareos. Caracterízase pola súa incansable humanidade.

  6. v pron

    Adquirir unha aparencia física determinada que encarne un personaxe concreto, ao que se quere representar.

    Ex: Antes de saír á escena caracterizouse de astronauta.

Conxugar
VERBO caracterizar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caracterizo
caracterizas
caracteriza
caracterizamos
caracterizades
caracterizan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caracterizaba
caracterizabas
caracterizaba
caracterizabamos
caracterizabades
caracterizaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caractericei
caracterizaches
caracterizou
caracterizamos
caracterizastes
caracterizaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caracterizara
caracterizaras
caracterizara
caracterizaramos
caracterizarades
caracterizaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caracterizarei
caracterizarás
caracterizará
caracterizaremos
caracterizaredes
caracterizarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caracterizaría
caracterizarías
caracterizaría
caracterizariamos
caracterizariades
caracterizarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caracterice
caracterices
caracterice
caractericemos
caractericedes
caractericen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caracterizase
caracterizases
caracterizase
caracterizasemos
caracterizasedes
caracterizasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caracterizar
caracterizares
caracterizar
caracterizarmos
caracterizardes
caracterizaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
caracteriza
-
-
caracterizade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caracterizar
caracterizares
caracterizar
caracterizarmos
caracterizardes
caracterizaren
Xerundio caracterizando
Participio caracterizado
caracterizada
caracterizados
caracterizadas