Carapuchiña Vermella, A
Carapuchiña Vermella, A
[LIT]
Personaxe feminina infantil protagonista do conto popular do mesmo título. Na versión Le petit chaperon rouge de Perrault, incluída en Contes de ma mère l’Oye (1697), a nena, chamada así pola súa vestimenta, leva nun cestiño agasallos para a avoa; polo camiño atopa o lobo, que a engana co fin de chegar antes á casa da avoa e, así, comelas ás dúas. Na versión dos irmáns Grimm a meniña e a avoa son rescatadas por un cazador.