carbonatación
(
-
s
f
[IND]
Acción e efecto de carbonatar.
-
s
f
[IND]
Operación que consiste en saturar de dióxido de carbono a auga ou os líquidos destinados á elaboración de bebidas carbónicas. Prepárase nuns aparellos denominados carbonatadores. A cantidade de gas disolta no líquido, a temperatura constante, é proporcional á presión parcial do gas que está en contacto co líquido. Por outro lado, ao diminuír a temperatura aumenta a solubilidade do gas. Por mor disto, faise a saturación con líquido arrefriado a unha temperatura constante próxima aos 0°C.
-
s
f
[IND]
Parte da operación de purificación na fabricación de azucre (de cana ou de remolacha). O zume procedente da difusión, con hidróxido cálcico engadido, trátase con dióxido de carbono gasoso; este feito causa a precipitación dos sales cálcicos solubles en forma de carbonato, que, ao se precipitaren, engloba impurezas en estado coloidal e, así mesmo, desdobra o sacarato cálcico en sacarosa e carbonato cálcico.
-
s
f
[XEOL]
Formación de carbonatos no solo pola acción do ácido carbónico sobre silicatos alcalinos, óxidos metálicos, etc. É un tipo de meteorización particularmente activo en climas húmidos e cálidos.