Carbonífero
Carbonífero
s
m
[ESTRATIG]
Cuarto período xeolóxico do Paleozoico (ou Era Primaria) que vai desde o Devoniano ata o Permiano, e abrangue as idades comprendidas entre os 360 e os 286 Ma. Caracterízase polo desenvolvemento da oroxenia herciniana e polo grande incremento da flora terrestre que tivo como consecuencia a formación de grandes depósitos de carbón. Apareceron neste período os seres de respiración pulmonar, representados por anfibios estegocéfalos. Son abundantes nesta época os cefalópodos e os braquiópodos; os artrópodos evolucionaron en terra firme favorecidos polo clima cálido e a vexetación exuberante.