cárcava
cárcava
(< lat caccăbu ‘ola’)
-
s
f
[XEOG]
Forma de relevo erosivo orixinada en pendentes sobre rochas brandas, como por exemplo as arxilas, pola concentración superficial das augas de arroiada en carreiros, da que resultan profundos sucos que ofrecen un aspecto moi degradado.
Confrontacións: cavorco. -
s
f
Suco profundo existente nun terreo.
Ex: Cando morreu a cadela, cavei unha cárcava na eira para enterrala.