carcinoma

carcinoma

(< lat científicocarcinōma ‘tumor’ < grκαρκίνοωμα ‘cancro’)

  1. s m [PAT]

    Tumor epitelial maligno con tendencia a infiltrar os tecidos lindeiros e a producir metástases por vía linfática ou sanguínea. Pode afectar a calquera órgano do corpo. Se as células epiteliais onde se orixina forman glándulas, recibe o nome de adenocarcinoma.

  2. carcinoma basocelular [PAT]

    Tumor epitelial relativamente pouco maligno aínda que, segundo as estatísticas, é o cancro de pel máis frecuente (o 75%). Forma un nódulo cutáneo que pode ulcerarse, pero sen producir metástase. É propio das persoas de idade avanzada.

  3. carcinoma embrionario [PAT]

    Teratoma maligno.

  4. carcinoma espinocelular [PAT]

    Tumor maligno da pel que presenta diferenciación escamosa e adoita producir queratina. Deriva con frecuencia de ceratoses actínicas ou solares, forma nódulos cutáneos e pode producir metástases.

  5. carcinoma in situ [PAT]

    Tumor maligno do tecido epitelial que non sobrepasa os límites da membrana basal. A escisión cirúrxica comporta a curación definitiva.