carda

carda

(

  1. s f

    Acción e efecto de cardar.

    Ex: A carda do liño é un traballo moi custoso. Fixeron a carda da leira un mes antes da sementeira das patacas. O teu fillo recibiu unha boa carda porque sempre anda facendo das súas.

    Sinónimos: cardadura.
  2. s f

    Cepillo formado por unha táboa onde van cravadas unha serie de puntas ou púas de arame, empregado para desenlear o liño, despois de espadelado, e a la, tras limpala e lavala.

  3. s f [TECNOL]

    Máquina empregada na industria téxtil para limpar algodón e outras fibras.