cardamina

cardamina

(< lat Cardamine, xénero deplantas)

s f [PLANTA]

Planta do xénero Cardamine da familia das brasicáceas, de ata 70 cm de altura, de follas alternas xeralmente pinnatisectas, flores brancas ou púrpuras de catro pétalos e seis estames con froitos en silicua. En Galicia son comúns en medios húmidos as especies C. flexuosa, C. hirsuta, C. pratensis e C. raphanifolia subespecie gallaecica, endémica do noroeste peninsular.

Palabras veciñas

cardafuso | Cardalda Gestoso, Teodomiro | Cardama | cardamina | Cardamine | cardamomo | cardán