cardiosclerose

cardiosclerose

(< cardio- + esclerose)

s f [PAT]

Cardiopatía isquémica crónica caracterizada por unha esclerose difusa do miocardio. Adoito se produce como consecuencia da oclusión arteriosclerótica das coronarias. Clinicamente, pódese manifestar como unha insuficiencia ventricular esquerda ou cardíaca total, unha anxina de peito, trastornos do ritmo cardíaco ou como unha arritmia completa; ás veces, só determina alteracións no electrocardiograma, clinicamente asintomáticas.