carie

carie

(

  1. [PAT]
    1. s f

      Descomposición molecular do óso, na que se abranda, perde a cor e se volve poroso.

    2. carie dentaria

      Proceso patolóxico de etioloxía non ben definida, que causa a destrución dos dentes. Consiste nunha perda dos sales minerais propios das substancias duras do dente, seguida dunha disolución dos seus elementos orgánicos. Os tecidos duros do dente destrúense e a polpa dentaria sofre un proceso inflamatorio e necrótico. Hai tres teorías etiopatoxénicas da carie: a teoría endóxena que defende que a lesión orixinaria se produce por un proceso bioquímico enzimático do interior do dente; a teoría estrutural que se basea en factores dietéticos, climáticos, hixiénicos, etc; e a teoría esóxena que atribúe a aparición da carie a un proceso de descalcificación por ácidos e de invasión proteolítica. A carie dentaria dá lugar a diversas infeccións e pode producir perturbacións na mastigación e na dixestión. Entre as medidas profilácticas é moi importante que a cantidade de fluor na auga e na dieta sexa suficiente, especialmente durante os primeiros anos de vida.

  2. s f [BOT]

    Enfermidade criptogámica dos cereais causada por fungos basiodomicetos parasitos como as especies Tilletia tritici e Tilletia laevis, que atacan ao trigo, e Ustilago hordei, que atacan ao orxo.