carnaxe

carnaxe

(< carne)

  1. s f

    Provisión de carne feita trala matanza de animais.

    Ex: Antes de saír ó mar cargaron o barco coa carnaxe e con outros moitos alimentos.

  2. s f

    Desfeita e mortaldade de vidas humanas causadas pola guerra ou por calquera outra catástrofe.

    Ex: Ó entraren no lugar onde estoupara a bomba atopáronse cunha gran carnaxe.

    Sinónimos: carnicería, masacre, matanza. Confrontacións: hecatombe.

Palabras veciñas

carnaval | carnavalesco -ca | carnavalito* | carnaxe | carnaz | carnaza | carnazal