carpetano -na

carpetano -na

(< topónimo antigoCarpetania)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos carpetanos.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo prerromano carpetano.

  3. s [ETN/HIST]

    Pobo prerromano peninsular pertencente á cultura celtíbera. Ocupou desde a serra de Guadarrama e a conca alta do Henares-Jarama ata a rexión pantanosa do Guadiana, na Mancha occidental, estendeuse por parte do Tajo, ata chegar a Talavera de la Reina. Practicou unha economía mixta agrícola-gandeira.

Palabras veciñas

Carpentier, Alejo | carpeta | Carpetania | carpetano -na | carpetazo | carpetazo | Carpi