carposporófito
carposporófito
(< carpo- + esporófito)
s
m
[BOT]
Xeración esporofítica dos rodófitos, de morfoloxía simple, en forma de árbore pequena. Prodúcese pola división do carpogonio fecundado e está formada esencialmente por cadeas de carposporanxios implantadas sobre filamentos estériles (filamentos do gonimoblasto). Case sempre é diploide e vive sobre o gametófito, moi a miúdo semiparasito.