Carragal Peón, Luís

Carragal Peón, Luís

Mestre. Foi o creador, a finais de 1932, da Escuela Rural de Budiño (O Porriño) na que funcionou, ata o 1936, unha Cooperativa Rural Escolar Anexa a la Escuela Nacional de Niños (CREANN). Durante a Segunda República esta escola foi visitada por grupos de mestres que celebraban as semanas pedagóxicas dentro dos programas das Misiones Pedagógicas. Nel influíron tanto os escritos de Joaquín Costa como de López Otero. É autor de varios escritos onde deixou constancia da experiencia do seu proxecto: “La Escuela Rural. Proyecto y ensayo en Budiño (Porriño)”, memoria redactada en 1940; “La Cooperativa Rural Escolar de Porriño (CREANN)”, artigo publicado en El Magisterio Español e tamén publicou varias colaboracións no Boletín de la Sociedad Fomento de Porriño y su Distrito.

Palabras veciñas

Carradine, Keith | Carradine, Richmond Reed | carrado | Carragal Peón, Luís | Carragal Puga, Xosé | carragheen* | carral