Carreiro
Carreiro
-
[ONOM]
Apelido que remite a Carreira. Documéntase no s XIV: “Johan dito Carreyro” (doc ano 1321 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala do devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol I, 1967, p 182).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, unha faixa de sinople cargada de tres pedras ao natural.