Carril, O

Carril, O

Antigo concello da beira meridional da ría de Arousa, integrado no de Vilagarcía de Arousa dende decembro de 1912, daquela co nome de concello de Arousa. Durante o Antigo Réxime, a vila do Carril constituía unha xurisdición baixo o señorío do arcebispo de Santiago. Coa promulgación da Constitución de 1812 estableceuse o concello do Carril, integrado no partido xudicial de Padrón e na provincia de Galicia. Os períodos de vixencia deste concello prolongáronse entre 1812 e 1814 e entre 1820 e 1823; as dúas derrogacións da Constitución en 1814 e 1823 supuxeron a supresión do concello e a rehabilitación da antiga administración señorial. Restaurado definitivamente o municipalismo, en 1836 estableceuse un novo concello de Carril, que integraba as parroquias de Bamio, O Carril e Cea, e Couto de Loenza, adscrito ao partido xudicial de Cambados. Despois da anexión de 1912, as parroquias do Carril e Bamio solicitaron a súa segregación para constituír un concello independente, petición que foi desestimada en 1926.

Palabras veciñas

Carril | Carril, Arturo Patricio | Carril, O | Carril, O | carrilana | carrileira | carrileiro