carroza
(
-
s
f
Coche de cerimonia de catro rodas, tirado por cabalos e con suspensión sobre resortes, que ten diante da caixa un asento elevado para o cocheiro e, ás veces, un relanzo detrás para os lacaios. Desde a primeira metade do s XVI Italia converteuse no centro de fabricación de carrozas, e o seu uso estendeuse lentamente entre as cortes e a alta nobreza de Europa. A época de máis esplendor corresponde ao período rococó, na segunda metade do s XVIII.
-
s
f
Carruaxe engalanada con motivos reais ou fantásticos, xeralmente utilizada en desfiles festivos.
Ex: Durante o Entroido desfilan as carrozas das comparsas pola vila.
-
s
f
[MAR]
Carcasa de ferro ou madeira que sostén unha lona que se emprega para protexer da intemperie algunha parte da embarcación. OBS: Emprégase particularmente para referirse á cámara das góndolas.
-
s
Persoa que está anticuada no seu xeito de pensar ou de vestir.
Ex: Era un auténtico carroza e só lle gustaba a música dos sesenta.