Carta Magna
Carta Magna
Carta concedida en 1215 por Xoán Sen Terra de Inglaterra en Runnymede (Windsor), na que aceptaba as esixencias formuladas polos baróns (tenants in chief) e pola cidade de Londres. O texto revisouno posteriormente Enrique III e no 1225 quedou definitivamente constituída. A súa importancia na historia constitucional de Inglaterra vén do feito de fixar con precisión e detalle os costumes aceptados como norma legal ata entón. Ao definir e limitar os dereitos da realeza opoñíase a todo goberno arbitrario, polo que chegou a ser símbolo da lei fundamental da terra por riba da persoa do soberano.