Casal

Casal
  1. [ONOM]

    Apelido procedente dun topónimo que vén do latín vulgar casāle ‘casal, grupo de casas’. Documéntase no s XIII: “Marie Nuniz de Casal” (doc ano 1204 en P. Loscertales de García de Valdeavellano Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 327). Tamén funcionan como apelidos actuais a variante Casar, o plural Casais e a forma composta Casalderrey.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe natural do concello asturiano de San Tirso de Abres moi espallada por Galicia. As súas armas levan, en campo de azul, un castelo de prata; bordo de prata con catro cabezas de aguia de sable degoladas e catro aspas de goles, alternando. Outra variante que se recolle para os galegos trae, en campo de ouro, unha aspa  de goles, superada de dúas flores de  lis da mesma cor, postas en faixa.